domingo, 11 de mayo de 2008

Narón 1 - Verín CF 0

Bó resultado.

Xogaron polo Verín CF: Piollo, Dani(D.Soto min.72), De Dios, Fran, Rubén, Brais, Teixeira, Ivo(Nuno, min.66), Fran Mtnez.(Oliveira(min. 62), Barreal e Hugo.

Bó resultado con un equipo plagado de xuvenís que fixeron fronte a todo un Narón, terceiro clasificado da categoría, no que xogaron Juanito, Cuéllar, Rubén Pardo,... e que leva camiño da Segunda B.

Moi bóa nova, ata 8 xogadores procedentes de Verín nun once cunha media de idade de pouco máis de vinte anos. Probablemente sexa imposible conseguir iso ao longo de toda unha tempada en Terceira pero está claro que é o camiño a seguir. O que sí que demostra, a pesares de ser un encontro con falta de tensión e todo decidido, é que non temos por que asustarnos por confiar nos máis novos como alternativa ao longo da próxima tempada 2008-2009 na Terceira..

O encontro non tivo moita historia. Un Narón que xa prepara a fase de ascenso, practicando un fútbol máis de adestramento e un Verín que repelía como podía os ataques. Por momentos o equipo foi quen de facer un bó fútbol. O gol foi obra de Cuéllar no minuto 22 ao finalizar unha xogada combinativa(5 goles en dous partidos esta tempada fronte ao Verín, fixémolo pichichi da Terceira).

Deixo un enlace á web do Narón onde podedes atopar as declaracións do Mister Peluso á Radio Galega ao rematar o encontro, e vídeos da Terceira, entre eles o do resumo da TVG do Verín CF-Pontevedra(do cal deixo o enlace a Youtube).

Categorías inferiores (10-11 maio):
Xuvenís(copa): Pendentes de xogar o aprazado fronte ao Bande.
Cadetes(copa): Descansan. Clasificados para a seguinte fase.
Infantís(copa): Antela - Verín CF (Xinzo - Mart. 13, 18:30 hs)
Alevíns(copa): Verín CF - Allariz: 6-5 ¡Nova victoria e líderes do seu grupo!