martes, 20 de noviembre de 2007

Xuvenís + Cadetes(18-11-07)

Barbadás B 3 - Verín CF 2

Os xuvenís de Mario desaproveitaron unha bóa ocasión para subir ao tren do ascenso. Sen embargo non será a derradeira, e probablemente non será ata as últimas 5 ou 6 xornadas de liga cando se decidan os postos de ascenso.

Doutra banda os resultados da xornada permiten que os nosos permanezan na parte alta da táboa(teñen un partido menos), e ademais o Barbadás B só poderá ascender, ao igual que o Ponte Ou. B se os seus primeiros equipos suben á Liga Galega. O Rúa semella escapar unha xornada máis como claro favorito ao ascenso.

Celanova 2 - Verín CF 1

Caeu a primeira derrota dos líderes. Foi fronte ao Celanova(líder en solitario agora mesmo), un equipo que leva máis de 30 goles e só tres en contra. Será no partido de volta no José Arjiz cando teñamos que recuperar esta derrota, que agardemos sexa a derradeira da liga.

De rebote, o Velle aparece na terceira posición a tres puntos dos nosos e con un partido menos. E para darlle máis interese esta fin de semana enfróntanse Verín e Velle, no que probablemente será o partido máis importante desta primeira volta para os nosos.

((actualizadas as páxinas de xuvenís e cadetes --- O xoves actualizaranse as de infantís e alevíns))