domingo, 11 de noviembre de 2007

Verín CF 1- Cerceda 1

Un punto máis ou menos para manter a categoría.

Fronte a un rival dos máis duros da Terceira. Campo do José Arjiz cunha moi bóa entrada. Tarde de verán en pleno mes de novembro.

Os goles:
Minuto 1: Corner a prol do Verín CF. Sacou o saque de esquina Carlinhos e rematou de cabeza Pablo Barreal facendo o 1-0.

Despois de 18 puntos almacenados... ¡Comeza a nosa liga!
6 patidos para rematar a primeira volta. Cinco dos nosos rivais están por debaixo na táboa clasificatoria. Portonovo, Lemos, Rápido de Bouzas, Negreira, Pontevedra B e Narón. Agás este último rival, os cinco restantes son rivais que obrigan a un resultado positivo sí ou sí para que non exista ningún tipo de problemas despois.

O próximo partido fronte ao Lemos, colista da Terceira, semella unha bóa ocasión para mellorar as estadísticas fóra da casa(4 puntos de 18 posibles). Ademais 4 dos 6 partidos son fóra da casa, así que...

¡Hala Verín!


Categorías inferiores(10/11 de novembro).

Xuvenís: Verín CF - Velle B 4-0
Cadetes: Verín CF - Palmés 10-1
Infantís: Verín CF - S.Teresita 0-5
Alevíns: Pabellón Pr - Verín CF 6-1