sábado, 3 de noviembre de 2007

CD Lalín - Verín CF

Domingo día 4, ás 17:00 hs, no Manuel Anxo Cortizo.

Visita a un dos mellores equipos da categoría. Non só pola historia do clube, senón tamén polo equipo que veñen de montar este ano. Unha sóa derrota(fronte ao Santa Comba ¿?) en once encontros fan del un claro candidato a xogar a promoción.

Este equipo, cunha política de sanear a economía do clube(logo das costosas campañas na Segunda B) e confiar nos xogadores da comarca, incorporou só xogadores de calidade contrastada e tamén xogadores do mercado luso(o presidente do Lalín é portugués).

Arriba destacan Matelo, Soares e Gustavo. Fichou a Iván Parada, porteiro do Fabril.

Pouco máis de unha hora de dsitancia de Verín(co novo tramo libre de peaxe) non parece excusa para non acompañar ao equipo e comer un bó cocido en Lalín.

¡Hala Verín!


Categ. Inferiores * Fin de semana 3/4-novembro

Xuvenís:
Ponte Ourense B - Verín CF 2-2
Cadetes: Pabellón Promesas - Verín CF 1-1
Infantís: Velle - Verín CF 6-5
Alevíns: Verín CF - Ourense 3-4