sábado, 6 de octubre de 2007

Verín CF - Céltiga

Domingo 7 ás 17:30 hs no José Arjiz.

O equipo da Illa de Arousa chega con 5 puntos logo de golear por 6-1 ao Santa Comba. É o momento de marcar distancias co grupo da cola da Terceira e para iso nada mellor que manter os 3 puntos na casa.

Esta terceira non ten rivais sinxelos e o que se durma un pouco ao comezo pode pasalo moi mal nas derradeiras xornadas.

O terreo de xogo do Verín está en perfectas condicións e agardemos ver bó fútbol despois de 6 partidos cunha mellor cara lonxe do José Arjiz.

A fin de semana comezou cunha de cal e outra de área. Mentres os cadetes derrotaban ao Allariz, os infantís saían goleados no seu derbi fronte ao Antela(a información dos cadetes o martes, e a dos infantís o xoves). Hoxe pola tarde xogan os xuvenís fronte ao Rúa para demostrar que o obxetivo é o ascenso.

¡¡Hala Verín!!



Partidos Fin de semana 6/7 de Outubro:

3ª División: Verín CF - Céltiga.....................
Xuvenís: Rúa - Verín CF...............................
Cadetes: Verín CF - Allariz...........................2 - 1
Infantís: Verín CF - Antela...........................1 - 8