domingo, 23 de septiembre de 2007

Verín CF 1 - Alondras 1

Un punto, e gracias.

28ºC. Tarde de sol abafante. 600 espectadores no José Arjiz cun importante número de siareiros do Alondras.

Xogaron polo Verín CF: Piollo, Xurxo, Currás, De Dios, Mario, D.Soto(Bóveda, min.66), Iago, Barreal, Nuno(Ivo min. 76), Oli, Carlinhos(Hugo min. 57).

Pasou polo José Arjiz o mellor equipo ata o momento da Terceira, mellor que o Coruxo. Un empate no minuto 93 con gol de Currás ou Bóveda (non estaba claro nas bancadas, aínda que foi o primeiro quen o festexou).

Con anterioridade, xa o número 9(Santi Domínguez) do Alondras tiña amosado a súa calidade cun golazo que limpiou a escadra. Dúas ocasións que faiaron, a segunda cun paradón de Piollo, fixeron posible que no derradeiro minuto, unha falta perfectamente executada por Hugo(novo xogador asturiano do Verín CF que mostrou un gran toque de balón) atopase a Bóveda no segundo pao, que nun remate non moi ortodoxo envio o balón por riba do porteiro visitante e Currás remachou en liña de gol).

O bó deste partido: Jorge de Dios está a un nivel espectacular. Diego Soto vai collendo forma pouco a pouco. As fichaxes máis recentes, Ivo e Hugo, demostraron ter minutos de calidade na Terceira fronte a un rival de moita calidade.

O malo: Un só punta na casa non permite controlar o partido. A defensa do rival saca o balón sen apenas presión(por moito que corra Oliveira...). O medio campo non dominou case que en 90 minutos. Os balóns non chegan tanto ás bandas e os "espectáculo" por momentos foi ... desesperante. Pero como o rival era duro tampouco hai que tirar conclusións nefastas...