domingo, 24 de junio de 2007

¡Somos de Terceira e Campións de Copa!


¡Festa!

Con goles de Nuno e Diego Soto o Verín CF consegue un novo título. A isto hai que sumar o ascenso a Terceira División "propiciado" de novo por un Depor B ó cal o noso Presidente xa invitou cos micrófonos da Radio Galega como testigos a vir por Verín para que poidan disfrutar da festa.
A final da Copa, cunha primeira parte bastante bóa do Verín, que tralo gol no minuto dous de Nuno puido sentenciar, aínda que o Arenteiro a piques estivo de empatar nun erro defensivo que rematou cun tiro que bateu no poste dereito da portería defendida por Piollo. Na segunda parte, baixou moito o nivel do fútbol despregado polos dous equipos e foi D. Soto o que finiquitou a Copa ó enganchar unha volea dende o borde do área. Deica ó remate do partido, numerosas ocasións para aumentar o resultado sen fortuna para Oliveira(que regalou ós xiareiros as súas botas ó ser cambiado(cartón amarelo que lle costou...).
Mención aparte merecen os seguidores do Arenteiro, moi preparados(tanto ou máis cós nosos...) e incansables durante todo o partido, ó final do mesmo e na entrega de trofeos, demostrando que teñen categoría moi por enriba do fútbol que ofreceu o seu equipo.
No partido do Fabril non houbo historia e o filial do Deportivo dominou o partido de principio a fin, facendo xustiza co noso equipo, que volve á categoría que, polo menos, nos corresponde.

¡¡Hala Verín!!