domingo, 10 de junio de 2007

¡Non puido ser(polo de agora)!


Verín 0 - Ciudad 1

Agora a rezar para que algún terceira ascenda.

Nun José Arjiz ateigado de xente, o Verín C.F. non foi quen de marcar un só gol. A primeira parte foi un monólogo ofensivo do Verín ata que a cinco minutos do descanso, un zapatazo dende trinta metros do xogador visitante Raviña fixo inútil a estirada do porteiro local Macía.
A segunda metade, para esquecer. Xogaríanse dez minutos con continuas interrupcións por parte dos xogadores do Ciudad de Santiago, co permiso dun árbitro que non soubo facer fronte ás continuas perdas de tempo(e que tampouco soubo descontar o tempo axeitado). Isto non resulta óbice para recoñecer a falta de fútbol neste segundo tempo pola parte do equipo local, que só nun par de arrancadas de Oliveira soubo crear perigo.
O que sí demostramos dabondo é que existe unha afición de Terceira División.

¡¡¡Hala Verín!!!